Como podo?

Ir á sección pai

Ver soamente os expedientes nos que eu son a persoa interesada ou o/a representante

Ver só os expedientes nos que son a persoa interesada ou a representante

Coñeza como acceder aos últimos expedientes, presentacións e borradores nos que o seu NIF figura como interesado/a ou representante.

1. Acceda ao seu espazo persoal

Para acceder aos seus expedientes, presentacións e borradores o primeiro que debe facer é acceder ao seu espazo persoal premendo en A miña sede e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.

Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores nos que o seu NIF figure como interesado/a ou representante.

2. Identificación do rol de participación nos expedientes e presentacións

Na táboa de "Últimos expedientes e presentacións" prema no botón "Ver todos/Buscar" para acceder á información detallada de cada expediente (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc...).

Na columna "Actúo como" vostede poderá identificar cal é o seu rol no expediente, por exemplo "Representante".

3. Busca de expedientes e presentacións

Na busca avanzada do buscador de expedientes e presentacións atopará o filtro "Actúo como" onde poderá seleccionar o rol de participación co cal quere facer o filtro.

Por exemplo, se vostede selecciona "Representante" e preme en "Buscar" no resultado da busca soamente se mostrarán aqueles expedientes e presentacións nos que o seu NIF figure como representante.