Como podo?

Ir á sección pai

Achegar documentación xustificativa

Achegar documentación xustificativa

Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso

1. Prepara a información e os documentos a achegar

Revisa a documentación obrigatoria para o trámite que vas realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.

Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" tes dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.

Descarga no seu equipo os modelos que debas presentar e cúbreos.

Garda ou imprime un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.

2. Inicia o trámite electrónico

Accede ao teu espazo persoal "Área Privada".

Identifícate empregando calquera dos sistemas de identificación admitidos.

Busca o expediente para o que precisas achegar documentación xustificativa. No menú "Accións" que aparece á dereita selecciona a opción "Achega de documentación xustificativa".

* No caso de que o expediente non apareza no teu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.

3. Cubre o formulario

Cubre o formulario.

Indica os documentos que achegas para a xustificación.

4. Anexa os documentos requiridos

Anexa os documentos que queiras presentar para a xustificación. Inclúe os modelos cubertos no paso 1.

5. Asina o formulario

Asina o formulario e os documentos que vas entregar para a xustificación premendo no botón "Firmar e enviar".

6. Descarga o xustificante

Descarga o xustificante de presentación da xustificación.

Poderás acceder en calquera momento aos teus xustificantes electrónicos desde o teu espazo persoal "Área Privada".