- Inicio
- Axuda
- Como podo?
-
Verificar o recibo de presentación no Rexistro electrónico
- Presentar unha solicitude
- Consultar e xestionar os meus expedientes
- Consultar notificacións electrónicas
- Obter Chave365
- Verificar un documento
- Presentar unha suxestión ou queixa
- Presentar documentación de gran tamaño
- Responder a unha emenda
- Achegar documentación xustificativa
- Verificar o recibo de presentación no Rexistro electrónico
- Crear unha autorización
- Compartir un borrador con outra persoa
- Ver soamente os expedientes nos que eu son a persoa interesada ou o/a representante
- Ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura as miñas persoas autorizadas
- Achegar máis de 10 documentos a unha solicitude
- Consultar e descargar copias electrónicas auténticas de documentos achegados en papel?
- Actualizar os meus datos na Carpeta cidadá?
- Cubrir e asinar un formulario con Cl@ve?
- Recuperar a miña clave de Chave365 se a esquecín?
- Cambiar a clave de acceso a Chave365?
- Activar ou desactivar o acceso con seguridade reforzada mediante 2FA en Chave365?
Como podo?
Ir á sección pai
Verificar o recibo de presentación no Rexistro electrónico
Verificar o recibo de presentación no Rexistro electrónico
Descubra que comprobacións pode facer para verificar a validez do recibo de presentación no Rexistro electrónico da Xunta de Galicia
1. Datos no recibo de presentación
O recibo de presentación xerado polo Rexistro electrónico da Xunta de Galicia garante a constancia da entrada no Rexistro electrónico así como a súa integridade e non repudio.
O recibo inclúe os datos de identificación da persoa interesada, o procedemento, a unidade destinataria, a data e hora de presentación e un resumo electrónico, ou pegada dixital, de cada un dos documentos achegados.
2. Garantía da integridade e autenticidade do recibo
O recibo é un documento electrónico asinado cun selo da Xunta de Galicia para garantir a súa integridade e autenticidade.
Ademais, inclúe un código de verificación electrónica (CVE) que permite comprobar a súa autenticidade mediante o acceso aos arquivos electrónicos da Xunta de Galicia nesta sede electrónica.
3. Garantía de integridade e non repudio dos documentos achegados
A inclusión no recibo do resumo electrónico, ou pegada dixital, de cada documento achegado garante a integridade e non repudio de cada documento, así como a súa relación coa entrada no rexistro electrónico.
Pode comprobar que o resumo electrónico de cada documento achegado coincide co incluído no recibo seguindo estas indicacións.