Como podo?

Ir á sección pai

Consultar e xestionar os meus expedientes

Consultar e xestionar os meus expedientes

Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"

1. Accede ao teu espazo persoal

Para xestionar os teus expedientes, debes acceder ao teu espazo persoal premendo en "Área Privada" e, a continuación, identificarte empregando calquera dos sistemas de autenticación admitidos.

2. Expedientes

Aparecerán os teus últimos expedientes, presentacións e borradores coa información detallada de cada un deles (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento...).

Tamén, no apartado “Inicio” da “Área Privada” terás acceso directo aos últimos expedientes e borradores. Desde este apartado, se desexas ver todos os teus expedientes e presentacións ou todos os borradores, preme no botón "Ver todos os expedientes"  ou "Ver todos os borradores” segundo corresponda.

Ao acceder á pantalla de busca podes buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñeces o código de acceso.

3. Que podo facer?

Poderás realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os teus datos de notificación etc.), sempre que estean dispoñibles, desde:

  • O listado dos teus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Accións"
  • O detalle do expediente electrónico, premendo no botón "Accións".