Como podo?

Ir á sección pai

Recuperar a miña clave de Chave365 se a esquecín?

Recuperar a miña clave de Chave365 se a esquecín?

Existen varias opcións para recuperar a clave de acceso a Chave365. Pode consultalas aquí. 

1. Como acceder?

Acceda a "A miña sede" na sede electrónica ou á aplicación móbil XuntaEu e prema sobre a opción "esquecín a miña clave de acceso". 

 icona

2. Incluír os datos necesarios

Inclúa o seu NIF e teléfono e prema en "Validar".

icona

3. Engadir a nova clave

A continuación, terá a posibilidade de introducir unha nova clave, confirmándoa no apartado seguinte e escribindo o código de validación recibido mediante SMS no seu teléfono.

 icona

Con isto, unha vez modificada, xa disporía dunha nova clave.

 icona

4. Tamén con certificado dixital

Se non puidese recuperar a clave na forma sinalada e dispón de algunha das outras formas de identificación, pode acceder ao apartado "A miña sede". Unha vez alí, en "O meu perfil", acceda á opción "Chave365".

icona

En esta sección encontrará varias posibilidades, entre as que se atopa a de la rexeneración do seu contrasinal de Chave365

icona

 

Ao premer, enviaráselle unha nova clave de acceso ao seu teléfono móbil.

5. Posibilidade de rexenerar as claves de forma non presencial

Se non dispón de certificado dixital, DNIe ou Cl@ve pode facer uso dos mecanismos non presenciais de rexeneración das claves de acceso.

A tal fin, pode empregar o asistente en liña de eServizos (de forma preferente) https://www.xunta.gal/eservizos/soporte-tecnico/asistente-en-lina ou o servizo de atención telefónica no 012.

6. Tamén de forma presencial

Se non tivese certificado dixital, DNIe ou Cl@ve nin pode recordar a clave empregando o seu teléfono móbil recorde que tamén pode dirixirse persoalmente a algún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365.

 icona