Identificación e titularidade da sede

A sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal é o enderezo electrónico desde o cal vostede pode acceder, en condicións seguras, á información e servizos electrónicos que o goberno galego pon á súa disposición.

Aberta as 24 horas e durante os 365 días do ano

A sede electrónica da Xunta Galicia regúlase na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

A titularidade desta sede electrónica correspóndelles á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ás entidades públicas instrumentais incluídas no seu ámbito.

Correspóndelle á Consellería de Facenda e Administración Pública a coordinación, cos órganos e as entidades do sector público autonómico, dos contidos e dos servizos disponibles.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia é a responsable dos contidos e dos servizos comúns, da xestión tecnolóxica e da continuidade, a accesibilidade e a seguridade desta sede electrónica.

A responsabilidade dos contidos postos a disposición da cidadanía nesta sede electrónica e relativos ao ámbito de actuación dun órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou dunha entidade pública instrumental do sector público autonómico será, respectivamente, da secretaría xeral ou secretaría xeral técnica da consellería ou do órgano executivo da entidade pública instrumental correspondente. No caso dos contidos relativos ás outras entidades instrumentais, a responsabilidade corresponderalle á consellería de adscrición.

A sede electrónica da Xunta Galicia púxose en funcionamento pola Orde do 15 de setembro de 2011 pola que se aproba a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia.