Trámites
Ir á sección pai
Pago de taxas
Pago de taxas
Pode realizar a autoliquidación de taxas e prezos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través da plataforma de pago da Axencia Tributaria de Galicia.
Se o pago da taxa está asociado a un trámite que vai realizar nesta sede electrónica, no proceso de presentación electrónica incluiranse os pasos para realizar o pagamento.
Se un procedemento ou servizo ten taxas asociadas, na Guía de procedementos e servizos inclúese a "Información de taxas" no apartado "Requisitos e documentación" da información do trámite.
Poderá realizar calquera outro pagamento directamente a través da Oficina Virtual Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia:
- De forma electrónica, introducindo os datos da taxa e efectuando o pagamento.
- De forma presencial, obtendo un modelo en branco para cubrilo en papel ou ben introducindo os datos da taxa na aplicación e imprimindo posteriormente.