Apoio ao emprendemento

Entre as ferramentas de apoio á creación de novas empresas das que dispón a Xunta de Galicia, atópanse varias liñas de axuda para o fomento do emprendemento que procuran impulsar o nacemento de novos proxectos empresariais e a participación nesas iniciativas de persoas de colectivos prioritarios, como mulleres, xente nova e persoas emigrantes retornadas. 

As medidas especificamente dirixidas a emprendedores e emprendedoras compleméntanse coas destinadas a pequenas e medianas empresas e a profesionais autónomos, para en conxunto ofrecer solucións a aspectos tan importantes como o acceso ao crédito, a conciliación laboral e familiar, a contratación, a innovación etc. 

Apoio ao emprendemento

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

Programa EMEGA

Prazo pechado: 28/08/2024 00:00 - 27/09/2024 23:59

Axudas enmarcadas no programa iniciativa xove.

Prazo pechado: 02/02/2023 00:00 - 01/03/2023 23:59

Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas.

Prazo pechado: 22/02/2025 00:00 - 21/03/2025 23:59
Tamén lle pode interesar...