Tempo de lecer
As persoas maiores de 60 anos ou maiores de 55 que reúnan a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social poden optar a algunha das prazas que a Xunta de Galicia ten dispoñibles para as estadías e os tratamentos do programa "Benestar en balnearios". Gozar do tempo de lecer en establecementos que permitan acadar unha mellora na calidade de vida das persoas é tamén o obxectivo do programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas, que se pode solicitar, igualmente, neste momento.