Axuda técnica

Requisitos técnicos

Para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións

Con carácter xeral, os requisitos técnicos dos procedementos para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións varían en función do sistema operativo utilizado:

S.O. Windows (probado con Windows 10/11)

  • Debe empregar un dos seguintes navegadores: Microsoft Edge, Firefox ou Chrome
  • Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica:
    • Chave365
    • Certificado electrónico instalado no navegador ou DNI ou outro certificado sobre tarxeta sempre que teña instalado Autofirma (recomendada v. 1.9) para Windows (32 bits ou 64 bits). Pode descargar aquí o manual de instalación

S.O. MAC (probado con OSX 10.11)

  • Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox, Chrome
  • Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica:

S.O. Linux (probado con Ubuntu 11.04)

  • Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome
  • Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica:

Requisitos comúns

  • Con independencia do procedemento, se fose necesario xuntar algún documento, este deberá axustarse aos seguintes formatos: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv. En calquera caso non se deberá superar o límite de tamaño establecido para o conxunto de ficheiros, que será de 100 MB (xa sexan un ou máis ficheiros). Consulte "Como podo presentar documentos de gran tamaño ou noutros formatos?"
  • Algúns antivirus non permiten a utilización do certificado electrónico por parte da aplicación de sinatura Autofirma. Se, despois de comprobar que o seu certificado electrónico é válido (pode facelo nesta ligazón), tivese problemas para realizar a sinatura electrónica, revise a configuración do seu antivirus e volva a intentalo. 
  • Permítese a sinatura con certificado dixital ou DNIe desde dispositivos Android (Cliente @firma).

Lembre que, para calquera procedemento que vaia realizar serán a data e hora oficiais que aquí se sinalan, e non as do equipo desde o cal se efectúa o trámite, as que teñen validez legal.