Autofirma
AutoFirma é unha aplicación de escritorio do Ministerio de Facenda e Función Pública que lle permite realizar a sinatura electrónica dunha solicitude no seu equipo, de forma sinxela e sen necesidade de utilizar o compoñente de firma Miniapplet.
AutoFirma permite a execución de operacións de sinatura de ficheiros locais en contornas de escritorio (Windows, Linux e Mac OS X). Tamén pode empregarse a través de consola ou ser invocada por outras aplicacións mediante protocolo para a execución de operacións de sinatura.
Esta ferramenta fai uso das claves privadas asociadas aos certificados do usuario e non permite que estes saian en ningún momento do almacén (tarxeta, dispositivo USB ou navegador) localizado no seu PC.
Así, non almacena ningún tipo de información persoal do usuario, nin fai uso de cookies nin ningún outro mecanismo para a xestión de datos de sesión. AutoFirma si almacena trazas da súa última execución a efectos de ofrecer soporte ao usuario no caso de atopar algún erro. Estas trazas de execución non conteñen ningún tipo de información persoal e a aplicación non facilita de ningunha forma o acceso a estes datos almacenados.
Dispón de diferentes versións de Autofirma (recomendada v. 1.8.2) para Windows, Linux e MAC: