Trámites
Ir á sección pai
Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia
Rexistro Electrónico de Apoderamentos de Galicia
O Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG) permite ás persoas físicas e xurídicas outorgar poderes a outros cidadáns ou entidades para actuar no seu nome nas relacións ante as administracións públicas. Pode outorgar un apoderamento de maneira presencial a través das oficinas de atención á cidadanía e de rexistro ou nesta sede electrónica seguindo estas indicacións:
- Seleccionar, a continuación, o tipo de poder que se desexa outorgar
- Acceder á páxina do trámite (premendo en "Outorgar")
- Acceder ao formulario de inscrición premendo en "Tramitar en liña" e realizar a presentación a través desta sede electrónica
Un poder xeral para que a persoa apoderada poida actuar en nome da persoa apoderante en calquera actuación administrativa e ante calquera Administración
Un poder para que a persoa apoderada poida actuar en nome da persoa apoderante en calquera actuación administrativa ante a Administración xeral da Xunta de Galicia ou ante unha entidade instrumental concreta á cal lle sexa de aplicación o Decreto 52/2021, do 18 de marzo
Un poder para que a persoa apoderada poida actuar en nome da persoa apoderante unicamente para a realización de determinados trámites especificados no poder
Pode consultar os seus apoderamentos e realizar accións sobre eles na sección "Apoderamentos e autorizacións" do seu espazo persoal "A miña sede" ou de maneira presencial nunha oficina de atención á cidadanía e de rexistro.
A persoa ou entidade á que apodere deberá aceptar o apoderamento para poder utilizalo nesta sede.
Máis información sobre o rexistro