Trámites
Ir á sección pai
Notificacións electrónicas
Notificacións electrónicas
As notificacións que che envía a Xunta de Galicia están dispoñibles no teu espazo persoal "A miña sede".
As notificacións tamén están dispoñibles:
- Na aplicación móbil XuntaEu que dá acceso aos principais servizos da administración dixital na Xunta de Galicia.
- No Sistema de Notificacións Electrónicas de Galicia - Notifica.gal, onde poderás consultar ademais as notificacións electrónicas que che envíen outras entidades e administracións públicas de Galicia adheridas ao sistema.
- Na DEHú (Enderezo Electrónico Único do Goberno de España), onde poderás consultar as notificacións que che envíe a Xunta de Galicia e outras entidades e administracións públicas adheridas ao sistema sempre que sexan relativas a procedementos dispoñibles no buscador de trámites.
Ten en conta que:
- A primeira vez que accedas a unha notificación electrónica pediráseche que confirmes as túas preferencias e datos de contacto. Estes datos utilizaranse para as notificacións que se che envíen posteriormente.
- Unha vez confirmados, poderás modificar en calquera momento as túas preferencias e datos de contacto nesta sede electrónica e en Notifica.gal.
- Cando se che envíe unha notificación enviarase un aviso aos datos de contacto que aparecen segundo as túas preferencias.
- Para acceder a unha notificación tes que identificarte electronicamente. O NIF que conste na túa identificación electrónica debe coincidir co da persoa destinataria da notificación ou co da persoa autorizada ou apoderada para acceder a ela.