SEDE ELECTRÓNICA

Aviso legal

A sede electrónica da Xunta de Galicia (en diante, "sede electrónica") é o enderezo electrónico dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións, cuxa titularidade corresponde á Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e a través do cal se pode acceder, en condicións seguras, á información e servizos electrónicos que a Xunta de Galicia pon á súa disposición no exercicio das súas competencias.

A sede electrónica créase e regúlase polo Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

O ámbito de aplicación da sede electrónica comprende a totalidade dos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, segundo o previsto no artigo 1 da Orde do 15 de setembro de 2011 pola que se aproba a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Propiedade intelectual

A totalidade dos contidos na sede electrónica, entendendo por estes a título meramente enunciativo os textos, imaxes, iconas, gráficos, dominios, marcas, tecnoloxía, software e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, pertencen á Xunta de Galicia ou a terceiros, cuxos dereitos no seu caso recoñece a Xunta de Galicia, e están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial protexidos pola lexislación nacional e internacional.

O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga, queda totalmente prohibida salvo que medie autorización expresa da Xunta de Galicia. A licenza de uso de calquera contido desta sede electrónica, outorgada ao usuario, limítase á descarga do devandito contido e o uso privado do mesmo, sempre que os citados contidos permanezan íntegros e cítese a fonte dos mesmos (Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público).

A utilización non autorizada da información contida na sede electrónica, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial mencionados poden dar lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan e, se procede, ás responsabilidades que do devandito exercicio se deriven.

Reprodución e ligazóns ao portal

A reprodución dos contidos da sede electrónica está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización.

A persoa usuaria de internet que queira introducir ligazóns desde as súas propias páxinas web á sede electrónica deberá cumprir coas condicións que se detallan a continuación, sen que o descoñecemento delas evite as responsabilidades derivadas da lei:

  1. A ligazón unicamente vinculará coa páxina principal da sede electrónica pero non poderá reproducila de ningún xeito (inline links, deep-links, browser ou border enviroment, copia dos textos, gráficos etc.)
  2. Quedará, en todo caso, prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan á sede electrónica ou permitan a visualización dos contidos a través de direccións de internet distintas ás da sede electrónica e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos á sede electrónica de forma que:
    • produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nos usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos;
    • supoña un acto de comparación ou imitación desleal;
    • de calquera outra forma resulte prohibido pola lexislación vixente;
  3. O establecemento da ligazón non implica, en ningún caso, a existencia de relacións entre a Xunta de Galicia e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación ou aprobación por parte de Xunta de Galicia dos seus contidos ou servizos alí ofrecidos postos a disposición do público.

A Xunta de Galicia poderá solicitar, en calquera momento, e sen necesidade de achegar as razóns da devandita solicitude, que se elimine calquera ligazón á sede electrónica, despois do cal o responsable da páxina web que está enlazando coa sede deberá proceder de inmediato á súa eliminación.

Ligazóns da sede electrónica a outras páxinas web

Nos contidos publicados inclúense ligazóns a páxinas de sitios web de terceiros, fundamentalmente doutras Administracións públicas, que se considere que poden ser de interese para as persoas usuarias. A Xunta de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada das conexións ou os contidos desas ligazóns.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, a sede electrónica posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Dereito aplicable e xurisdición competente

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos da presente sede electrónica, será a lei española.

Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita á sede electrónica ou do uso dos servizos que nela se ofertan, a Xunta de Galicia e as persoas usuarias acordan someterse aos/ás xuíces/zas e tribunais de Santiago de Compostela.