Descarga de certificados
A través da sede electrónica pode obter unha copia dos seguintes certificados expedidos pola Xunta de Galicia dos que vostede sexa titular.
Para descargar o certificado terá que identificarse, empregando para iso o DNI electrónico, certificado dixital ou o sistema de identificación e sinatura Chave365.
Título de familia numerosa autonómico
Descargue un certificado cos datos do título de familia numerosa (código da comunidade autónoma, número de título, categoría, título vixente, data de caducidade e número de fillos) e os datos do beneficiario (tipo de documentación, documentación, data de nacemento, nome, apelidos e se é o titular ou non do título de familia numerosa).
Certificado de discapacidade
Descargue un certificado coa data de nacemento, o código da comunidade autónoma, a provincia, o expediente, a puntuación da dificultade de mobilidade, o factor de mobilidade, o baremo de dependencia recoñecido, se necesita acompañante para transporte público, o grao e o tipo de discapacidade.