Presentación de suxestións e queixas
A admisión de suxestións e de queixas é un dos mecanismos de atención á cidadanía recollidos na Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.
Suxestións
Teñen a consideración de suxestións todas aquelas iniciativas e propostas, presentadas por escrito por calquera persoa física ou xurídica, que teñan como finalidade mellorar a organización e/ou a calidade dos servizos prestados polo sector público autonómico (agás para os ámbitos relativos a educación, sanidade e xustiza, que se rexen pola súa normativa específica) e, en especial, aquelas que poidan contribuír a simplificar, reducir ou eliminar trámites na súa relación coa Administración.
Queixas
Teñen a consideración de queixas as formulacións presentadas por escrito, por calquera persoa física ou xurídica, relativas a calquera aspecto de insatisfacción sobre o funcionamento dos servizos prestados polo sector público autonómico (agás para os ámbitos relativos a educación, sanidade e xustiza, que se rexen pola súa normativa específica), especialmente tardanzas, desatencións ou calquera outra deficiencia na súa actuación, que contribúan a incrementar os parámetros de eficacia, eficiencia e calidade na prestación dos servizos públicos. Para o caso das reclamacións en materia de consumo estas deben presentarse a través do CO401A.
Presentación
As modalidades de presentación das suxestións e queixas son:
- Electrónica: a través desta sede
- Telefónica: a través do teléfono 012
- Presencial: cubrindo os modelos normalizados. Unha vez cuberto o modelo normalizado, deberá presentarse en calquera das oficinas que integran o Sistema único de rexistro