Calendario e hora oficiais
Data e hora oficiais
A sede electrónica da Xunta de Galicia réxese pola data e hora oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Á súa vez, o rexistro electrónico da Xunta de Galicia réxese, para os efectos do cómputo dos prazos, pola data e hora oficiais desta sede electrónica.
A sincronización da data e a hora da sede realízase co Real Instituto e Observatorio da Armada (ROA). Para calquera trámite que se realice desde esta sede, serán a data e hora oficiais que aquí se sinalan as que teñan validez legal, e non as do equipo desde o cal se efectúa o trámite. É necesario actualizalas cando se queira ter certeza da data e da hora nun momento dado.
Calendario de días inhábiles 2024
Considéranse inhábiles, para os efectos do cómputo de prazos, os sábados, os domingos e os días declarados como festas laborais.
Para o 2024, na Comunidade Autónoma de Galicia, son os que figuran no artigo 1 do Decreto 112/2023, do 29 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2024 e na columna "Galicia" do anexo da Resolución de 23 de octubre de 2023, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2024:
- Aninovo: 1/1/2024
- Epifacía do Señor (Día de Reis): 6/1/2024
- Xoves Santo: 28/3/2024
- Venres Santo: 29/3/2024
- Festa do Traballo: 1/5/2024
- Día das Letras Galegas: 17/5/2024
- Día Nacional de Galicia: 25/7/2024
- Asunción da Virxe: 15/8/2024
- Festa Nacional de España: 12/10/2024
- Todos os Santos: 1/11/2024
- Día da Constitución Española: 6/12/2024
- Natividade do Señor: 25/12/2024