Preguntas frecuentes

A guía de procedementos e servizos recompila e divulga a información actualizada dos procedementos que son de interese para a cidadanía e as empresas e profesionais. Nesta sede electrónica dispón dun acceso destacado á guía de procedementos e servizos.

O rexistro electrónico está accesible durante as 24 horas do día, todos os días do ano, e réxese, para os efectos do cómputo dos prazos, pola data e hora oficiais desta sede electrónica, considerándose inhábiles os sábados, os domingos e os días declarados como festas laborais.

Si. Para usar o DNI electrónico (DNIe) debe dispor dun lector de tarxetas intelixentes con soporte para o DNIe conectado co seu equipo. Ademais, debe comprobar que dispón do contrasinal e comprobar que o certificado é válido e non está caducado ou non fose revogado. Pode obter máis información en https://www.dnielectronico.es/PortalDNIe/

Pode utilizar o servizo de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cunha canle electrónica específica nin cun modelo electrónico normalizado. Atopará máis información en solicitude xenérica.

Nesta páxina atopará un conxunto de modelos xenéricos que as persoas interesadas poden utilizar para anexar ás súas solicitudes ou para realizar as xestións máis habituais durante a tramitación administrativa.

Os documentos electrónicos xerados na Xunta de Galicia inclúen un código de verificación electrónica (CVE) que permite contrastar a autenticidade do documento mediante o acceso aos arquivos electrónicos da Xunta de Galicia.

Nesta sede electrónica dispón dunha ferramenta para comprobar a sinatura electrónica e a integridade e autenticidade dun documento.

Tras iniciar a presentación dun procedemento é necesario cubrir todos os datos do formulario da solicitude.

Unha vez que a solicitude estea correctamente cuberta, poderá avanzar no proceso de presentación accedendo á pantalla na que a sede lle permitirá achegar documentación á solicitude.

Pode encontrar máis información en "Como podo presentar unha solicitude?"
 

Se o proceso finalizou correctamente poderá descargar, no seu espazo persoal "A miña sede", tanto a solicitude asinada polo Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia como o xustificante de presentación que incluirá: os datos do número de entrada no rexistro, a data e hora de presentación, o destino e un resumo electrónico da solicitude e a documentación electrónica que se achegou.

Pode atopar máis información en "Como podo consultar e xestionar os meus expedientes?".

Nese caso pode consultar os certificados de interrupción do servizo e os avisos da sede para comprobar se o seu caso está relacionado cunha incidencia no servizo. Se fose así, pode realizar o trámite fóra de prazo, motivando o retraso co certificado de indispoñibilidade correspondente.

No caso de non poder realizar o trámite, ou que non atope ningún aviso ou indispoñibilidade relacionado co seu caso, pode poñer unha queixa xuntando a documentación do trámite que quere realizar. A Administración determinará a admisión ou non do trámite segundo se a incidencia acontecida foi imputable á sede electrónica ou non. Pode atopar máis información na páxina de presentación de suxestións e queixas.

Cando se usa un certificado dixital ou DNIe é necesario asinar o formulario da solicitude, así como todos os documentos anexos achegados polo cidadán. Por cada documento a asinar o sistema solicita o contrasinal por motivos de seguridade.

No formulario dunha solicitude o/a titular do certificado dixital debe aparecer no apartado "Solicitante" ou ben no apartado "E na súa representación". Polo tanto, debe utilizar o botón "Volver" para acceder de novo ao formulario e actualizar a información ou ben empezar de novo o trámite identificándose co medio correspondente aos datos que figuran no formulario.

Ante incidencias técnicas no uso da sede electrónica debe contactar cos servizos de soporte no momento da incidencia. A información dos equipos de soporte atópase na páxina de axuda.

 

Como podo? Como podo presentar unha solicitude?
Como podo? Como podo consultar e xestionar os meus expedientes?
Como podo? Como podo presentar documentación de gran tamaño?
Como podo? Como podo responder a un requirimento de emenda?
Como podo? Como podo achegar documentación xustificativa?
Como podo? Como podo verificar a pegada dixital dos documentos presentados?
Como podo? Como podo verificar o recibo de presentación no Rexistro electrónico?
Como podo? Como podo realizar un cambio de representante para un procedemento xa presentado?
Como podo? Como podo crear unha autorización?
Como podo? Como podo compartir un borrador dunha solicitude con outra persoa?
Como podo? Como podo ver soamente os expedientes nos que eu son a persoa interesada ou o/a representante?
Como podo? Como podo ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura as miñas persoas autorizadas?

Borradores: terá acceso a todos os borradores que fosen creados por:

  • vostede directamente empregando o devandito certificado dixital de persoa física ou o usuario de Chave365 asociado ao seu NIF
  • outras persoas que llo compartiron coa opción de "Compartir borrador", sempre e cando vostede previamente activase a devandita opción (ver máis en Como podo compartir un borrador con outra persoa?)
  • as persoas as que outorgase unha autorización para a xestión de borradores na sede electrónica (máis detalle en Como podo crear unha autorización?).

Ver tamén Como podo ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura os meus autorizados?

Expedientes: accederá a todos os expedientes nos que o seu NIF figure como interesado ou representante

Ver tamén:

Borradores: terá acceso a todos os borradores que fosen creados por:

  • vostede directamente empregando o devandito certificado electrónico de representante de persoa xurídica
  • outras persoas que tamén dispoñan dun certificado dixital de representante da persoa xurídica
  • outras persoas que llo compartiron coa opción de "Compartir borrador", sempre e cando vostede previamente activase a devandita opción (ver máis en Como podo compartir un borrador con outra persoa?)
  • as persoas ás que a persoa xurídica outorgase unha autorización para a xestión de borradores na sede electrónica (máis detalle en Como podo crear unha autorización?).

Ver tamén Como podo ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura os meus autorizados?

Expedientes: accederá a todos os expedientes nos que o seu NIF da persoa xurídica figure como interesado ou representante

Ver tamén Como podo consultar e xestionar os meus expedientes?

Borradores: terá acceso a todos os borradores que:

  • foran creados pola persoa que lle outorgou a autorización para a xestión de borradores na sede electrónica (ver máis en Como podo crear unha autorización?)
  • vostede crease directamente actuando na sede como persoa autorizada da devandita persoa (física ou xurídica)
  • creasen outras persoas que tamén dispoñan dunha autorización outorgada pola mesma persoa (física ou xurídica) e actuasen no seu nome na sede (ver máis en Como podo crear unha autorización?)
  • fosen compartidos coa persoa que lle outorgou a autorización (ver máis en en Como podo compartir un borrador con outra persoa?)

Expedientes: accederá a todos os expedientes nos que o NIF da persoa que lle outorgou a autorización figure como interesado ou representante.

En ningún caso vostede poderá asinar e presentar solicitudes, escritos ou comunicacións no rexistro electrónico.