Cambiar a clave de acceso provisional de Chave365?

Para identificarse con Chave365 precisa usar una clave de acceso, ou contrasinal.

Cando se dea de alta en Chave365 ou pida a rexeneración da clave recibirá nun SMS unha clave de acceso provisional que debe cambiar.

Explicámoslle como pode cambiala.

1. Que podo usar?

Pode empregar a aplicación móbil XuntaEu ou a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Mostrámoslle as dúas formas de facelo.

2. App XuntaEu

Deberá identificarse en XuntaEu co seu NIF e a clave provisional recibida no SMS.

No caso que xa accedese previamente a XuntaEu con outro contrasinal e teña activada a opción de recoñecemento facial ou pegada dixital, deberá premer previamente en "Non son …" para poder escribir a recibida no SMS.

A aplicación solicitaralle que cambie a clave.

Na pantalla de cambio de clave deberá indicar:

  • en "clave actual", o contrasinal recibido no SMS
  • en "nova clave", o novo contrasinal que quere utilizar
  • en "confirma a nova clave", volva a escribir o novo contrasinal
  • confirme o cambio no botón "Cambiar clave de acceso"

icona

3. Sede electrónica

Tamén pode empregar a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Acceda a "A miña sede" e identifíquse co seu NIF e a clave recibida por SMS no seu móbil.

A aplicación solicitaralle que cambie a clave.

Na pantalla de cambio de clave deberá indicar:

  • en "clave actual", o contrasinal recibido no SMS
  • en "nova clave", o novo contrasinal que quere utilizar
  • en "confirme a nova clave", volva a escribir o novo contrasinal
  • confirme o cambio no botón "Cambiar clave de acceso"

icona