Como podo?

Ir á sección pai

Activar ou desactivar o acceso con seguridade reforzada mediante 2FA en Chave365?

Activar ou desactivar o acceso con seguridade reforzada en Chave365?

Pode habilitar un nivel de seguridade reforzado para o acceso á sede electrónica utilizando un dobre factor de autenticación (2FA) ao usar Chave365.

Se activa a identificación reforzada, cando use Chave365 para identificarse na sede electrónica recibirá unha mensaxe SMS no seu móbil cun código que terá que utilizar para confirmar o acceso.

1. Accede ao teu espazo persoal

Preme en "Área Privada" e identifícate. Podes utilizar calquera das opcións de identificación dispoñibles.

2. Accede ás túas Preferencias no menú "O meu perfil"

Accede ao menú "O meu perfil" e escolle a opción “Preferencias”.

icona

3. Activar/desactivar a identificación reforzada

Activa ou desactiva a opción "Desexo activar a identificación reforzada para Chave365".

icona