Como podo?

Ir á sección pai

Instalación e sinatura mediante Autofirma APP para dispositivos móbiles Android

Instalar e asinar mediante Autofirma APP para dispositivos móbiles Android?

Pasos a seguir para instalar e asinar mediante Autofirma APP para dispositivos móbiles Android

1. Acceso

Accede á sede electrónica dende o navegador e no momento de autenticarte na área privada escolle a opción de certificado dixital ou DNIe.

2. Formulario

Selecciona o formulario que precisas presentar e cubre cos datos precisos.

3. Documentación

Cando premas no paso seguinte e anexes a documentación, se o precisas, será o paso de asinar e presentar.

4. Autofirma APP

Para iso, desde dispositivos móbiles empregarás Autofirma APP, sendo necesario tela instalada con anterioridade.

5. Instalación Autofirma APP

No caso que non a teñas instalada podes acudir á Play Store e buscar Autofirma APP:

icona

6. Sinatura

Unha vez instalada a APP, xa será posible a sinatura.

7. Presentación con Autofirma APP

A continuación, facilitamos un exemplo de presentación con Autofirma APP:

icona