Como podo?

Ir á sección pai

Achegar documentación xa presentada anteriormente?

Achegar documentación xa presentada anteriormente

Pasos a seguir para poder achegar documentación xa presentada anteriormente

1. Desde a Área Privada

  • Accede á Área Privada.
  • Na lapela “Expedientes” do menú, selecciona a opción “Documentación presentada”.
  • Aparecerá o buscador que permite aplicar filtros para localizar os arquivos, ou se prefires a navegación directa dende os teus trámites, a continuación relaciónanse os documentos dos expedientes. 

icona

2. Desde o proceso de presentación da solicitude do procedemento

  • Cubre o formulario.

    Cubre os datos do formulario e lembra que podes gardalo en calquera momento para recuperalo máis adiante desde o apartado "Borradores" de "Área Privada".
    Cando o teñas cuberto, preme en "Paso seguinte".

 

  • Aporta a documentación.

    No seguinte paso se amosa a relación de documentación aplicable para o seu anexado. Desde aquí podes recuperar directamente os documentos electrónicos xa presentados que sexan necesarios ou útiles para a presentación que estás a realizar, premendo na opción “Accións” do documento, e seleccionando “Buscar en documentos xa presentados”.

    Se queres achegar documentación presentada presencialmente no rexistro, podes descargala accedendo á Área Privada, seguindo as instrucións descritas no punto anterior, e xa poderás achegala desde o teu equipo neste paso.

 

icona

 

  • Revisa e presenta a solicitude.


    Unha vez seleccionada a documentación que desexas recuperar, poderás comprobar que os documentos incorporados son os correctos e continuar co proceso de solicitude ata a súa sinatura e presentación electrónica.