Trámites

Solicitude xenérica

Permite presentar de maneira electrónica unha solicitude, escrito ou comunicación cando estes trámites non teñan establecido un sistema ou modelo específico.

Debe dirixirse a departamentos, organismos autónomos ou entidades públicas da Xunta de Galicia.

Se o trámite que vostede vai realizar está relacionado cun procedemento definido na guía de procedementos e servizos, terá que utilizar obrigatoriamente o sistema ou modelo específico indicado na guía en lugar do modelo xenérico. Polo tanto, recomendámoslle que busque o modelo específico para o trámite que vai realizar na guía de procedementos e servizos, e só no caso de non atopalo, utilice a solicitude xenérica.

Pode presentar unha solicitude xenérica mediante o servizo PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado.

Deberá achegar todos os datos necesarios, previstos no formulario de inicio do servizo, para remitir de forma electrónica solicitudes, escritos ou comunicacións e, en particular, deberá identificar dun modo axeitado o órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia ao cal dirixe a documentación.