Guía de procedementos e servizos

PR004A

Solicitude electrónica xenérica

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Este servizo permite presentar electronicamente unha solicitude, escrito ou comunicación cando estes trámites non teñan establecido un sistema ou modelo específico. Debe dirixirse a departamentos, organismos autónomos ou entidades públicas da Xunta de Galicia.

Se o trámite que vai realizar está relacionado cun procedemento definido na guía de procedementos e servizos, terá que utilizar obrigatoriamente o sistema ou modelo específico indicado na guía en lugar do modelo xenérico. Polo tanto, recomendámoslle que busque o modelo específico para o trámite que vai realizar na guía de procedementos e servizos, e só no caso de non atopalo, utilice a solicitude xenérica.

As persoas interesadas deberán achegar todos os datos necesarios, previstos no formulario de inicio do servizo, para a remisión electrónica de solicitudes, escritos ou comunicacións e, en particular, deberán identificar axeitadamente o órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia a quen dirixen a documentación.

Que é e para que serve

Servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico establecido na normativa reguladora de cada procedemento nin cun modelo electrónico normalizado.

Ámbito de aplicación.

Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico establecido na normativa reguladora de cada procedemento nin cun modelo electrónico normalizado, dirixidos a calquera órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Quen pode solicitalo

Os suxeitos obrigados a relacionarse por medios electrónicos coas administracións públicas, de acordo co artigo 14 da Lei 39/2015, así como as persoas físicas que non estando obrigadas a relacionarse electronicamente, elixan empregar esta vía.

Requisitos

As persoas interesadas deberán achegar todos os datos necesarios, previstos no formulario de inicio do servizo, para a remisión electrónica de solicitudes, escritos ou comunicacións e, en particular, deberán identificar axeitadamente o órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia a quen dirixen a documentación.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

As persoas interesadas poderán achegar a documentación que estimen necesaria para a tramitación da súa solicitude, escrito ou comunicación.

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Secretaría Xeral da Presidencia

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541283

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

1578  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545201

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Edificios Administrativos - San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995347

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544416/ 981544417

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544699

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria

Edificios Administrativos - San Caetano s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545532/ 981545533

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544121

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544312

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Edificios Administrativos - San Lázaro, s/n

1578  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542726/ 881542727

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544718

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544038/ 981995339

Órgano responsable

Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 4 de maio de 2017, conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, pola que se aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (DOG nº 87 do 8 de maio de 2017). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA009C

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Aberto todo o ano

PR001A

Alta/renovación de usuario en Chave365.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR002A

Queixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano