Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR002A
Queixa.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Este procedemento emprégase para presentar queixas relativas a calquera aspecto de insatisfacción sobre o funcionamento dos servizos prestados polo sector público autonómico (agás para os ámbitos relativos a educación, sanidade e xustiza que se rexen pola súa normativa específica).
Se desexa presentar unha reclamación en calquera destes ámbitos ou en materia de consumo debe facelo a través das seguintes ligazóns:
Este procedemento ten por obxecto a presentación dunha queixa, por parte de calquera persoa física ou xurídica. Considéranse queixas as formulacións presentadas por escrito, que se refiran á insatisfacción sobre o funcionamento dos servizos prestados polo sector público autonómico, especialmente tardanzas, desatencións ou calquera outra deficiencia na súa actuación.
Persoas físicas ou xurídicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
Edificios administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544097
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Só é necesario cubrir a solicitude que se mostra no seguinte apartado (Anexo IV), correspondente ao procedemento PR002A. Tamén se atopa dispoñible nesta páxina para a súa presentación electrónica a través da icona “Tramitar en liña,” ou pode descargarse, para a súa presentación presencial, na icona “Tramitar presencialmente”.
Prazo de resolución:
Un mes
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración (DOG nº 81 do 30 de abril de 2015).
-
Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia (DOG nº 187 do 30 de setembro de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.
Aberto todo o ano
Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Aberto todo o ano
Alta/renovación de usuario en Chave365.
Aberto todo o ano