Ao acceder a "A miña sede" atopará, xunto ás opcións xa habituais de Clave365 e de certificado dixital, unha nova opción "Cl@ve".
Prema nela e será dirixido/a á páxina web que lle permite identificarse con Cl@ve.
O acceso pode facerse mediante Cl@ve Pin, Cl@ve Permanente ou Clave eIDAS (neste caso só en probas para 2 procedementos).
- Con Cl@ve Permanente é necesario que o/a usuario/a lembre o seu contrasinal permanente.
- Con Cl@ve Pin o/a usuario/a recibirá un PIN no seu teléfono móbil. Tamén o recibirá (no caso de que a teña instalada) na app de Cl@ve. Igualmente, poderá solicitar que se lle envíe un SMS.
- Con Clave eIDAS o/a usuario/a debe poñer o seu identificador co formato PE/ES/XXXXXXXXXX sendo PE o país emisor do certificado eIDAS, e ES como país que solicita a autenticación.
Dependendo do nivel de seguridade de Cl@ve que teña o/a usuario/a (que vai en función de como se dese de alta no Ministerio) permitiralle, posteriormente, acceder e asinar ou non segundo se indica na seguinte táboa:
Nivel de seguridade | Modelo de creación ClaveC | Acceso a "A miña sede" | Emisión e sinatura de certificado |
Clave Nivel Básico | Identificación videochamada / carta de invitación | Non | Non |
Clave Nivel Avanzado | Identificación presencial ou con certificado dixital | Si | Si |
Unha vez que cubriu o formulario, e se esta é a primeira vez que emprega Cl@ve para asinar, deberanse realizar os seguintes pasos (aínda que se xa realizou algunha sinatura pode ir ao seguinte paso):
Ao pulsar sobre o botón de Sinatura nun formulario xa cuberto ou nunha autorización de "A miña sede" o sistema rediríxelle á aplicación FIRe, na que se lle indicará que non dispón dun certificado en Cl@ve Firma. Nesa pantalla verá que ten a opción de "Emitir certificado"
Nota importante: só se permite asinar se a identificación se realizou con Cl@ve Permanente ou con Cl@ve Pin nivel avanzado (Cl@ve Pin creada usando certificado dixital)
Ao pulsar sobre o botón de "Emitir certificado" será redirixido á páxina do Ministerio para realizar o proceso de emisión do novo certificado:
Unha vez que prema sobre o botón de "Solicitar certificado" o sistema vaille solicitar o contrasinal de Cl@ve permanente. Introdúzao e prema sobre o botón "Emitir"
Despois disto levaralle a unha nova páxina onde se lle solicitará marcar un check para aceptar que se verifiquen os datos coa información contida no seu DNI e pediralle tamén introducir un código que recibirá no teléfono móbil vía SMS. Introduza ese código e prema sobre "Emitir"
Unha vez realizado o paso anterior xa terá á súa disposición o certificado para a sinatura. Mostrarase a seguinte pantalla, na que deberá premer sobre "Continuar" para seguir co proceso de sinatura:
Unha vez que prema en "Continuar" volverá á pantalla de sinatura en FIRe, onde anteriormente se lle indicaba que non dispoñía dun certificado de sinatura, pero desta vez xa lle mostrará o certificado de sinatura emitido nestes pasos. Seleccióneo:
Unha vez que xa dispón do certificado pode asinar o formulario seguindo estes pasos:
1. Ao seleccionar o certificado será redirixido/a á páxina do Ministerio, que lle pedirá o contrasinal de Cl@ve permanente e o código recibido vía SMS.
2. Unha vez que introduza o contrasinal e código recibido vía SMS prema sobre "Continuar". Isto devolverá a aplicación a onde se iniciou a sinatura ("A miña sede" ou "Presenta") para desde aí poder xa rematar o proceso.