- Inicio
- Axuda
- Como podo?
-
Compartir un borrador con outra persoa
- Presentar unha solicitude
- Consultar e xestionar os meus expedientes
- Consultar notificacións electrónicas
- Obter Chave365
- Verificar un documento
- Presentar unha suxestión ou queixa
- Presentar documentación de gran tamaño
- Responder a unha emenda
- Achegar documentación xustificativa
- Verificar o recibo de presentación no Rexistro electrónico
- Crear unha autorización
- Compartir un borrador con outra persoa
- Ver soamente os expedientes nos que eu son a persoa interesada ou o/a representante
- Ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura as miñas persoas autorizadas
- Achegar máis de 10 documentos a unha solicitude
- Consultar e descargar copias electrónicas auténticas de documentos achegados en papel?
- Actualizar os meus datos na Carpeta cidadá?
- Cubrir e asinar un formulario con Cl@ve?
- Recuperar a miña clave de Chave365 se a esquecín?
- Cambiar a clave de acceso a Chave365?
- Activar ou desactivar o acceso con seguridade reforzada mediante 2FA en Chave365?
Como podo?
Ir á sección pai
Compartir un borrador con outra persoa
Compartir un borrador con outra persoa
Na sede electrónica pode preparar unha solicitude para que outra persoa a asine e a presente no rexistro electrónico.
Esta opción está dispoñible só para algúns dos procedementos da Guía de procedementos e servizos.
1. Activación
Para poder compartir un borrador é necesario que a persoa coa que o quere compartir teña activada esta opción, que está dispoñible, dentro de "A miña sede", no menú "Os meus datos" no apartado "Preferencias".
2. Prepare o borrador que quere compartir
Busque o procedemento ou o servizo na "Guía de procedementos e servizos" e prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico (deberá identificarse no seu espazo persoal empregando algún dos sistemas de autenticación admitidos nesta sede).
Cubra o formulario (non é preciso que os seus datos figuren nel), anexe a documentación que corresponda e garde a información.
3. Comparta o seu borrador
Utilice a opción "Compartir borrador" que atopará:
- Continuando ata o paso "Sinatura de documentos", antes de finalizar a presentación electrónica
- Nas accións dispoñibles na columna "Que podo facer?" da listaxe de borradores do menú "Procedementos e borradores"
Se a opción "Compartir borrador" ou "Compartir" non está dispoñible é porque non é posible realizala no procedemento concreto que vostede está preparando.
4. Indique con quen desexa compartir o borrador
Indique o NIF da persoa coa que desexa compartir o borrador e prema en "Gardar".
Teña en conta que a persoa coa que vai compartir o borrador terá acceso tanto ao formulario da solicitude como á documentación anexada ata ese momento.
Unha vez compartido, vostede perderá a visibilidade sobre o mesmo.
Lembre que para poder compartir o borrador é necesario que a persoa titular do NIF sinalado teña previamente activado en "Os meus datos" que outras persoas lle poidan compartir borradores. De non ser así, cando vostede prema en "Gardar" para compartirlle o borrador, mostrarase un aviso e non poderá continuar.
5. Acceso ao borrador por parte da persoa coa que o compartiu
A persoa titular do NIF que indicou no paso anterior atopará o borrador na listaxe de borradores do menú "Procedementos e borradores" diferenciado por unha icona que indicará (poñendo o cursor enriba da icona) que se trata dun borrador que lle foi compartido, coa data e o nome da persoa que o compartiu
Poderá modificar, gardar e, se así o desexa, asinar e finalizar a presentación no rexistro electrónico.
O borrador da solicitude pode ser compartido tantas veces como se desexe.