Consultar e xestionar os meus expedientes

Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"

1. Acceda ao seu espazo persoal

Para xestionar os seus expedientes, debe acceder ao seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos sistemas de autenticación admitidos.

2. Expedientes

Aparecerán os seus últimos expedientes, presentacións e borradores coa información detallada de cada un deles (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento...).

Tamén, no apartado “Inicio” da “Miña Sede” terá acceso directo aos últimos expedientes e borradores. Desde este apartado, se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións ou todos os borradores, prema no botón "Ver todos os expedientes"  ou "Ver todos os borradores” segundo corresponda.

Ao acceder á pantalla de busca pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.

3. Que podo facer?

Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.), sempre que estean dispoñibles, desde:

  • O listado dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Accións"
  • O detalle do expediente electrónico, premendo no botón "Accións".