Actuacións administrativas automatizadas
O artigo 41.1 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público define actuación administrativa automatizada como "calquera acto ou actuación realizada integramente a través de medios electrónicos por unha Administración pública no marco dun procedemento administrativo e na que non interviñese de forma directa un empregado público".
A declaración dunha actuación administrativa automatizada no ámbito da Xunta de Galicia realízase mediante unha resolución das secretarías xerais, secretarías xerais técnicas, direccións xerais ou persoa titular da dirección da entidade pública instrumental competente, onde se establecen os sistemas de sinatura para a actuación administrativa automatizada e o órgano ou órganos competentes, segundo os casos, para a definición das especificacións, programación, mantemento, supervisión e control de calidade e, no seu caso, auditoría do sistema de información e do seu código fonte así como ou órgano responsable a efectos de impugnación.
As actuacións administrativas automatizadas que actualmente están declaradas son as seguintes:
Órgano | Nome do selo | Acceso á resolución |
---|---|---|
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza | Sistema de identificación e sinatura Chave365 da Xunta de Galicia | |
Sistema Único de Rexistro da Xunta de Galicia | ||
Consellería de Facenda | XUMCO | |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma | ||
Dirección Xeral da Función Pública | ||
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade | Dirección Xeral de Mobilidade | |
Consellería de Economía, Emprego e Industria | Consellería de Economía, Emprego e Industria | |
Consellería de Política Social | Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado | |
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior | Dirección Xeral de Emerxencias e Interior | |
Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social | Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social | |
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) | Interoperabilidade da Xunta de Galicia | |
Nodo de Interoperabilidade da Xunta de Galicia | ||
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) | ||
Sistema de Notificacións Electrónicas de Galicia | ||
Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia | ||
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) | Instituto Galego da Vivenda e Solo | |
Fondo Galego de Garantía Agraria | Fondo Galego de Garantía Agraria |
Ligazóns
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público
- Orde do 6 de febreiro de 2014 pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
- Resolución do 7 de setembro de 2017 pola que se aproba o modelo de resolución pola que se declaran actuacións administrativas automatizadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia