Notificacións electrónicas
O Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal permitiralle recibir as notificacións electrónicas que lle envíe a Xunta de Galicia ou calquera outra administración pública de Galicia adherida ao sistema.
Accedendo á sede electrónica as persoas destinatarias poderán, igualmente, visualizar as notificacións que lle envíe a Xunta de Galicia.
Teña en conta que:
- Para aceptar e ler unha notificación electrónica necesita dispor dun certificado electrónico ou dun usuario no servizo Chave365 asociados ao NIF da persoa destinataria da notificación.
- Se recibe un aviso no seu correo electrónico ou no seu móbil, e non pode visualizar a notificación, revise se está accedendo a Notifica.gal co certificado ou usuario asociado ao NIF destinatario da notificación.
- A través do portal de Notifica.gal pode autorizar a outras persoas a acceder ao contido das súas notificacións.
- Tamén pode acceder ás notificacións e/ou comunicacións emitidas por diferentes organismos das Administracións públicas, entre eles a Xunta de Galicia, desde o Punto Único de Notificacións (PUN) ou DEHú en https://dehu.redsara.es, sempre que as notificacións sexan relativas a un dos procedementos dispoñibles no buscador de trámites.