Trámites
Ir á sección pai
Modelos de formularios xenéricos
Modelos de formularios xenéricos para trámites distintos da solicitude
Modelos de formularios xenéricos para trámites distintos da solicitude
A sede electrónica da Xunta de Galicia ofrece un conxunto de modelos de formularios xenéricos que as persoas interesadas poden utilizar para anexar ás súas solicitudes ou para realizar as xestións máis habituais durante a tramitación administrativa.
Estes modelos de formularios son comúns para os distintos procedementos e poderán empregarse sempre que a normativa reguladora do procedemento concreto para o que se vaian utilizar non estableza outros modelos específicos.
Acceda a "A miña sede", localice o expediente administrativo e seleccione en "Accións" o modelo normalizado que quere usar.
Ademais, os modelos de formularios xenéricos poderán descargarse para anexalos a unha solicitude ou para realizar trámites sobre outros expedientes e presentalos electrónica ou presencialmente segundo a normativa reguladora do procedemento do que se trate. Na cabeceira do formulario deberá indicarse, se é o caso, o procedemento para o que se está a realizar o trámite.
Modelos de formularios xenéricos
- Representación. Pode empregarse para designar un/unha representante para a tramitación dun procedemento. Este modelo é unicamente válido cando o/a outorgante é unha persoa física. No caso de que o/a outorgante sexa unha persoa xurídica, deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.
- Pluralidade de persoas solicitantes. Pode empregarse para indicar que unha solicitude recolle as pretensións correspondentes a unha pluralidade de persoas.
- Achega de documentación separada da solicitude. Pode empregarse para anexar os elementos que consideren convenientes para precisar ou completar os datos do modelo de solicitude.
- Modificación ou mellora voluntaria da solicitude. Pode empregarse para responder a un requirimento para modificar ou mellorar voluntariamente a solicitude.
- Emenda. Pode empregarse para responder a un requirimento para emendar a falta de información ou de documentos nunha solicitude.
- Ampliación do prazo de emenda. Pode empregarse para solicitar a ampliación do prazo para responder a unha emenda cando a achega dos documentos requiridos presente dificultades especiais.
- Modificación dos datos de notificación. Pode empregarse para solicitar a modificación do medio de notificación preferente ou dos datos aos efectos de notificacións que figuren nun expediente.
- Achega de documentación xustificativa. Pode empregare para achegar a documentación xustificativa dunha axuda ou dunha subvención. No caso de que a convocatoria da axuda ou da subvención concreta estableza un modelo específico de xustificación, ese modelo constará na guía de procedementos e servizos e deberá substituír a este modelo xenérico ou utilizarse de xeito complementario.
- Alegacións. Pode empregarse para formular alegacións nun procedemento.
- Renuncia. Pode empregarse para desistir dunha solicitude ou, cando isto non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar a dereitos.
- Recurso de reposición. Pode empregarse para interpor un recurso de reposición.
- Recurso de alzada. Pode empregarse para interpor un recurso de alzada.