Verificación do certificado de identificación desta sede

Esta sede electrónica utiliza un certificado electrónico para identificarse e garantir unha comunicación segura con ela.

Os navegadores máis comúns informan da validez do certificado desta sede xunto á cabeceira na que figura a dirección sede.xunta.gal.

Adicionalmente, pode vostede verificar a validez do certificado desta sede electrónica empregando a plataforma VALIDe, do Ministerio de Facenda e Función Pública.

  • Unha vez en VALIDe acceda á sección "Validar sede electrónica"
  • Introduza a ligazón https://sede.xunta.gal
  • Introduza o código de seguridade
  • Prema o botón "Validar"

Para máis información consulte o vídeo titorial.