Como podo?

Ir á sección pai

Recuperar a miña clave de Chave365 se a esquecín?

Recuperar a miña clave de Chave365 se a esquecín?

Existen varias opcións para recuperar a clave de acceso a Chave365. Pode consultalas aquí. 

1. Como acceder?

Accede a "Área Privada" na sede electrónica ou á aplicación móbil XuntaEu e preme sobre a opción "esquecín a miña clave de acceso". 

 icona

2. Incluír os datos necesarios

Inclúe o teu NIF e teléfono e preme en "Validar".

icona

3. Engadir a nova clave

A continuación, terás a posibilidade de introducir unha nova clave, confirmándoa no apartado seguinte e escribindo o código de validación recibido mediante SMS no teu teléfono.

 icona

Con isto, unha vez modificada, xa disporías dunha nova clave.

 icona

4. Tamén con certificado dixital

Se non puideses recuperar a clave na forma sinalada e dispós de algunha das outras formas de identificación, podes acceder ao apartado "Área Privada". Unha vez alí, en "O meu perfil", accede á opción "Chave365".

icona

En esta sección encontrarás varias posibilidades, entre as que se atopa a da rexeneración do teu contrasinal de Chave365

icona

 

Ao premer, enviaráselle unha nova clave de acceso ao seu teléfono móbil.

5. Posibilidade de rexenerar as claves de forma non presencial

Se non dispós de certificado dixital, DNIe ou Cl@ve podes facer uso dos mecanismos non presenciais de rexeneración das claves de acceso.

A tal fin, podes empregar o asistente en liña de eServizos (de forma preferente) https://www.xunta.gal/eservizos/soporte-tecnico/asistente-en-lina ou o servizo de atención telefónica no 012.

6. Tamén de forma presencial

Se non tiveses certificado dixital, DNIe ou Cl@ve nin podes recordar a clave empregando o teu teléfono móbil recorda que tamén podes dirixirte persoalmente a algún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365.

 icona