Como podo?

Ir á sección pai

Crear unha autorización

Crear unha autorización

Vostede pode autorizar a outras persoas para que consulten os seus expedientes ou preparen borradores no seu nome.

1. Accede ao teu espazo persoal

Accede ao teu espazo persoal premendo en "Área Privada" e identifícate a través dalgún dos sistemas admitidos por esta sede.

Preme na opción "O meu perfil" do menú e, a continuación, no apartado "Autorizacións".

icona

2. Que son as autorizacións?

Ao acceder ao espazo sinalado, poderás ver en pantalla a información sobre que son as autorizacións e os dous tipos de autorización que podes facer, así como a listaxe de autorizacións que teñas outorgadas a outras persoas (Autorizacións outorgadas) e a daquelas outras que puideras ter recibido de terceiros (Autorizacións recibidas).

Preme nunha das dúas opcións de "Outorgar autorización" en función do tipo de autorización que desexes facer:

  • Xeral: para todos os procedementos nos que o proceso de presentación se fai integramente na sede
  • Restrinxida: a un ou varios procedementos nos que o proceso de presentación se fai integramente na sede

3. Dar de alta unha autorización

Ao premer a opción "Outorgar autorización" accederás á pantalla de "Alta de autorización", onde deberás indicar o NIF da persoa que desexas autorizar e a vixencia da autorización. 

No caso de que elixas unha autorización restinxida a un ou varios procedementos deberás engadir tamén os procedementos sobre os que desexas outorgar a autorización.

Preme en "Confirmar autorización" e asina o formulario.

A autorización quedará en estado "Pendente de aceptación" ata que a persoa á que autorizaches acceda á sede e acepte a devandita autorización no seu apartado de "Autorizacións".

4. Descargar o xustificante

Poderás descargar un xustificante de "Alta de autorización” accedendo á mesma dende o apartado "Autorizacións outorgadas".

icona

5. Aceptación da autorización

A autorización non se activará ata que a persoa á que queres autorizar a acepte accedendo ao seu espazo persoal "Área Privada", a través das accións dispoñibles no botón "Accións" da listaxe de autorizacións recibidas do menú "Autorizacións".

Unha vez aceptada, a persoa autorizada poderá consultar os expedientes nos que figures como persoa interesada e preparar borradores que terás que asinar e presentar posteriormente. A autorización non permite que outra persoa asine no teu nome.