Guía de procedementos e servizos

PR001C

Modificación dos datos que constan en Chave365.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Apróbase a posta en funcionamento de Chave365, servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O obxecto deste procedemento e a petición de modificación dos datos que actualmente constan no servizo de claves concertadas da Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia.

Persoas físicas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía

Servizo de Rexistro e Atención á Cidadanía

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981543976/ 981543975

Servizo de Rexistro e Atención á Cidadanía

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo III desta Resolución.

  • As persoas interesadas poderán solicitar a modificación dos seus datos en Chave365:

    • Por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

    • Presencialmente, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela) e nas restantes oficinas de rexistro que se habiliten para estes efectos, e que se publicarán na sede electrónica da Xunta de Galicia. Neste caso, a persoa interesada deberá acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o documento nacional de identidade (DNI) ou a tarxeta de identidade de estranxeiro (TIE). Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes (DOG nº 241 do 17 de decembro de 2010).

    • Orde do 6 de febreiro de 2014 pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2014).

    • Resolución conxunta do 3 de setembro de 2015, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se acorda a posta en funcionamento de Chave365, servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 176 do 15 de setembro de 2015).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos (BOE nº 150, do 23 de xuño de 2007).

    • Corrección de errata da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (BOE nº 158, do 3 de xullo de 2007).

    • Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos (BOE nº 278, do 18 de novembro de 2009).

    • Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 25, do 29 de xaneiro de 2010).

    • Corrección de erros do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 61, do 11 de marzo de 2010).

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA006A

Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aberto todo o ano

FA009C

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Aberto todo o ano

PR001A

Alta/renovación de usuario en Chave365.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano