Trámites

Pago de taxas

Podes realizar a autoliquidación de taxas e prezos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través da plataforma de pago da Axencia Tributaria de Galicia.

Se o pago da taxa está asociado a un trámite que vas realizar nesta sede electrónica, no proceso de presentación electrónica incluiranse os pasos para realizar o pagamento.

Se un procedemento ou servizo ten taxas asociadas, na Guía de procedementos e servizos inclúese a "Información de taxas" no apartado "Requisitos e documentación" da información do trámite.

Poderás realizar calquera outro pagamento directamente a través da Oficina Virtual Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia:

  • De forma electrónica, introducindo os datos da taxa e efectuando o pagamento.
  • De forma presencial, obtendo un modelo en branco para cubrilo en papel ou ben introducindo os datos da taxa na aplicación e imprimindo posteriormente.