Trámites
Ir á sección pai
Solicitude xenérica
Solicitude xenérica
Permite presentar de maneira electrónica unha solicitude, escrito ou comunicación cando estes trámites non teñan establecido un sistema ou modelo específico.
Debe dirixirse a departamentos, organismos autónomos ou entidades públicas da Xunta de Galicia.
Se o trámite que vas realizar está relacionado cun procedemento definido na guía de procedementos e servizos, terás que utilizar obrigatoriamente o sistema ou modelo específico indicado na guía en lugar do modelo xenérico. Polo tanto, recomendámosche que busques o modelo específico para o trámite que vas realizar na guía de procedementos e servizos, e só no caso de non atopalo utilices a solicitude xenérica.
Podes presentar unha solicitude xenérica mediante o servizo PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado.
Deberás achegar todos os datos necesarios, previstos no formulario de inicio do servizo, para remitir de forma electrónica solicitudes, escritos ou comunicacións e, en particular, deberás identificar dun modo axeitado o órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia ao cal dirixes a documentación.