Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS104A
Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Política Social e Igualdade
IMPORTANTE
Non confundir este informe co Informe Social Unificado, que se pode achegar á hora de solicitar a discapacidade, e que deberán solicitar ao traballador social de referencia do seu concello, ou co Informe de Historia Clínica Electrónica ou Informe de Saúde, que deberán solicitar ante o Sergas.
O presente decreto regula a creación, o acceso e o uso da historia social única electrónica.
Soporte.
1. O sistema de información que dá soporte á historia social única electrónica denomínase HSUE. Este sistema empregará os soportes documentais electrónicos adecuados para que a información e os documentos que forman a historia social única electrónica se almacenen garantindo a súa autenticidade, integridade, seguridade e conservación.
2. En todo caso, o uso dos ditos soportes aterase ao disposto na normativa sobre tratamento automatizado de datos de carácter persoal. Así mesmo, procurarase a accesibilidade universal a ditos soportes, de acordo co establecido na Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, e demais normativa de aplicación.
Persoa usuaria do sistema galego de servizos sociais na Comunidade Autónoma.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade
Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa
San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544661
Fax: 981957876
IMPORTANTE
Non confundir este informe co Informe Social Unificado, que se pode achegar á hora de solicitar a discapacidade, e que deberán solicitar ao traballador social de referencia do seu concello, ou co Informe de Historia Clínica Electrónica ou Informe de Saúde, que deberán solicitar ante o Sergas.
Prazo de presentación: ABERTO
Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 20 de agosto de 2016.
A solicitude, segundo o modelo que se achega como anexo I a este decreto, dirixirase á secretaría xeral tecnica da consellería con competencias en materia de servizos sociais e virá acompañada da seguinte documentación:
a) Autorización á secretaría xeral tecnica da consellería competente en materia de servizos sociais para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade e de residencia, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, e na Orde do 7 de xullo de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, no que respecta á verificación de datos de identidade e residencia (a autorización cubrirase no anexo I). En caso de denegar a autorización anterior, será necesario presentar fotocopia do DNI, pasaporte ou outro documento válido para a identificación da persoa solicitante e, se e o caso, da persoa representante legal ou voluntaria, coa excepción da utilización de sinatura electrónica identificativa do afectado, segundo o disposto no artigo 25.1.a) do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro.
b) Anexo II debidamente cuberto, no caso de que a persoa solicitante desexe actuar por medio de representante, así como o documento ou instrumento electrónico acreditativo da representación legal.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido na normativa reguladora da Administración electrónica. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia. A solicitude pode ser presentada tanto pola persoa solicitante como pola persoa representante legal ou voluntaria.
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel, no rexistro do concello a que correspondan os servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos segundo a normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
IMPORTANTE
Non confundir este informe co Informe Social Unificado, que se pode achegar á hora de solicitar a discapacidade, e que deberán solicitar ao traballador social de referencia do seu concello, ou co Informe de Historia Clínica Electrónica ou Informe de Saúde, que deberán solicitar ante o Sergas.
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á historia social única electrónica (DOG nº 141 do 27 de xullo de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano