Guía de procedementos e servizos

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano

Tramitar a autorización para a modificación substancial de centros ou programas de servizos sociais.

Considéranse modificacións substanciais dun centro ou programa:

a) Os cambios producidos no proxecto técnico da obra, unha vez obtida a autorización de creación ou construción do centro.

b) Aqueles cambios na estrutura do centro ou do programa que xa se atopa en funcionamento, sempre que impliquen algunha das seguintes circunstancias:

1.º Supoñan unha alteración funcional ou cambio de usos nas instalacións autorizadas.

2.º Supoñan unha ampliación das prazas ou unha ampliación ou redución das unidades autorizadas.

3.º Supoñan o traslado da instalación de referencia do programa autorizado a outra situación. Os traslados de centros autorizados a unha instalación diferente requirirán, en todo caso, unha nova autorización de creación e de inicio de actividade.

Todas as entidades prestadoras de servizos sociais, públicas ou privadas que desenvolvan servizos ou programas de servizos sociais, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 66 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957696

Fax: 981957697

Email: inspección.ssociais@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Servizo de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957681

Fax: 981957697

Email: inspeccion.maioresediscapacitados@xunta.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Servizo de Inspección de Servizos Comunitarios e Inclusión Social

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15890  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540041

Fax: 981957697

Email: servizos.comunitarioseinclusion@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Servizo de Inspección de Familia e Menores

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545688

Fax: 981957697

Email: inspeccion.familiaemenores@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881201

Fax: 881881202

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294437

Fax: 982294359

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817223

Fax: 986817294

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Con carácter previo á súa realización

Todos os centros e programas de servizos sociais, de conformidade coa normativa que os regula, deben:

a) Estar correctamente identificados e sinalizados no exterior das súas instalacións, agás que a natureza e finalidade do servizo o desaconselle. Así mesmo, debe sinalizarse o interior das instalacións para facilitar o acceso, a orientación e a información sobre a localización dos servizos para todas as persoas.

b) Dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garantan o respecto aos dereitos das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.

c) Contar cun rexistro de altas e baixas de persoas usuarias e cun expediente individual de cada unha delas, coa documentación mínima necesaria que determine a normativa específica que lle resulte de aplicación. En todo caso, a entidade deberá garantir a protección dos datos de carácter persoal de conformidade co establecido na Lei 15/1999, do 13 de decembro, en todo o que lle sexa de aplicación.

d) Dispoñer da póliza de seguros de danos necesarias para garantir a reparación dos sinistros do edificio, así como de póliza de seguro de responsabilidade civil que garanta a cobertura das indemnizacións ás persoas usuarias e/ou a terceiros polos danos e prexuízos causados como consecuencia dos sinistros do edificio e/ou do de-senvolvemento dos servizos.

e) Expoñer nun lugar visible ao público a documentación que acredite as autorizacións e licenzas concedidas, as normas de funcionamento previamente visadas pola Administración e o cartel informativo sobre a existencia dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. Ademais, exporase a información básica referida aos servizos prestados, ao horario e aos períodos de funcionamento do servizo, así como, cando a natureza do servizo non o desaconselle, os prezos ou as tarifas exixibles pola prestación dos servizos, onde consten claramente as contías totais das prestacións básicas e dos servizos optativos ou susceptibles de cobramento a parte.

f) Contar co equipamento mobiliario, as axudas técnicas, o material e o persoal necesario para o desenvolvemento axeitado dos servizos, segundo as características e necesidades das persoas destinatarias.

g) Dispoñer de conexión telefónica co exterior e dun enderezo de correo electrónico.

h) Contar cunha persoa que asuma a dirección ou coordine o programa ou servizo.

2. Ademais dos requisitos xerais establecidos no punto anterior, as entidades titulares e as xestoras de servizos, centros e programas deberán adecuarse aos requisitos específicos que, de acordo coa súa tipoloxía e persoas ás que se dirixan, se establezan na normativa que lles resulte de aplicación, así como dispoñer no centro ou nas instalacións nas que se desenvolve o programa, de toda aquela documentación acreditativa do cumprimento destes.

  • Autorización de servizos, centros e programas ( 31.27.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitud normalizada (anexo II).

DOCUMENTACIÓN COMÚN

  • Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude, cando proceda (código 31.27.01).

  • No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.

MODIFICACIÓN SUBSTANCIAL DE CENTROS

  • Memoria explicativa do cambio solicitado, xustificación da súa finalidade e descrición detallada das alteracións estruturais, materiais ou funcionais, que se propoñen sobre os servizos autorizados, así como o prazo previsto para a execución das obras .

  • Cando proceda, remitirase a documentación técnica necesaria para a emisión, con carácter previo á súa execución, do informe técnico que asegure a adecuación do proxecto á normativa específica.

  • Cando proceda, proxecto das normas de funcionamento para o seu visado e, no seu caso, modelo de contrato a asinar coas persoas usuarias, e réxime de prezos ou tarifas.

  • Proxecto de modificación/ampliación das pólizas de seguro de responsabilidade civil pola explotación do centro ou programa e do seguro de danos por sinistros do edifico no que se desenvolve o servizo (cando proceda).

  • Cando proceda, relación do novo persoal facendo constar o número de efectivos, a súa dedicación ao servizo, a súa relación laboral ou contractual coa entidade titular e as súas titulacións. No caso de centros de infancia, acreditarase tamén que o novo persoal posúe coñecementos básicos en primeiros auxilios, recoñecemento médico, vacinación contra a rubeola, coñecementos en manipulación de alimentos e certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

MODIFICACIÓN SUBSTANCIAL DE PROGRAMAS

  • Memoria explicativa do cambio solicitado, xustificación da súa finalidade e descrición detallada das alteracións estructurais, materiais ou funcionais, que se propoñen sobre os servizos autorizados, así como o prazo previsto para a execución das obras.

  • Cando proceda, remitirase a documentación técnica necesaria para a emisión, con carácter previo á súa execución, do informe técnico que asegure a adecuación do proxecto á normativa específica.

  • Copia da documentación en virtude da cal se acredita o dereito polo cal se dispón do inmoble da instalación de referencia do programa.

  • Proxecto das novas normas de funcionamento para o seu visado, facendo constar o novo enderezo.

  • Copia da póliza de seguro de danos para garantir a reparación dos sinistros da base operativa do programa.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade solicitante

  • NIF da entidade representante

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG nº 245 do 18 de decembro de 2008).

    • Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103N

Acreditación de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano