Emprego autónomo

As persoas traballadoras autónomas son potenciais beneficiarias de diferentes axudas, préstamos e programas de apoio promovidos pola Xunta de Galicia e os seus organismos. Trátase nalgúns casos de liñas dirixidas especificamente a este colectivo, e noutros casos abertas tamén a empresas.

Recompilamos aquí os principais procedementos destinados ás persoas autónomas en xeral. Se quere consultar outros dos que son beneficiarias as persoas autónomas que exercen nun sector concreto (comercio, artesanía, transporte, turismo, acuicultura…) pode buscalos directamente na Guía de procedementos e servizos, filtrando polo colectivo "Autónomos/as".

Toda a información de utilidade sobre os servizos que ofrece a Xunta de Galicia a este colectivo está dispoñible a través de Internet na Oficina do Autónomo.

Emprego autónomo

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas.

Prazo pechado: 22/02/2025 00:00 - 21/03/2025 23:59
Tamén lle pode interesar...