Como podo?

Ir á sección pai

Responder a unha emenda

Responder a un requirimento de emenda

Se recibe unha comunicación da administración na que se lle require que emende unha solicitude corrixindo información ou achegando máis documentación poderá facelo a través da sede elecrónica.

1. Prepara a información e os documentos a achegar

A través da "Guía de procedementos e servizos" accede á ficha informativa do trámite que vas realizar.

Na pestana "Requisitos e documentación" figura a listaxe de documentos requiridos para a presentación.

No apartado "Anexos asociados" están dispoñibles os modelos dos documentos requiridos, no caso de que os houber.

2. Accede ao expediente no teu espazo persoal

Accede ao teu espazo persoal "Área Privada" e identifícate empregando calquera das opcións de identificación dispoñibles.

Busca o expediente ou solicitude que tes que emendar no apartado "Expedientes".

Selecciona no menú "Accións" do expediente a opción "Emenda".

* Só no caso de que o expediente non apareza no teu espazo persoal, ou a opción "Emenda" non estivese dispoñible para o expediente, poderás realizar a emenda utilizando a solicitude xenérica.

3. Cubre o formulario de emenda

Cubre o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.

4. Anexa os documentos requiridos

Anexa os documentos que teñas que presentar.

5. Asina o formulario

Finaliza a presentación da emenda premendo o botón "Asinar e enviar".

6. Descarga o xustificante

O xustificante estará dispoñible para a súa consulta ou descarga accedendo á presentación, no apartado "Expedientes" de "Área Privada".