Como podo?

Ir á sección pai

Ver soamente os expedientes nos que eu son a persoa interesada ou o/a representante

Ver só os expedientes nos que son a persoa interesada ou a representante

Coñeza como acceder aos últimos expedientes, presentacións e borradores nos que o seu NIF figura como interesado/a ou representante.

1. Accede ao teu espazo persoal

Para acceder aos teus expedientes, presentacións e borradores o primeiro que debes facer é acceder ao teu espazo persoal premendo en Área Privada e, a continuación, identificarte empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede, Chave365 ou Cl@ve.

Poderás ver na túa bandexa de entrada (‘INICIO’) os teus últimos expedientes, presentacións e borradores nos que o teu NIF figure como interesado/a ou representante e o teu rol de participación en eles.

2. Busca de expedientes e presentacións

Podes acceder á busca avanzada dende a pantalla de Inicio de “Área Privada” marcando a opción “Ver todos os expedientes” ou ben directamente a través da opción “Expedientes” dispoñible no menú de “Área Privada”. Na busca avanzada do buscador de expedientes e presentacións atoparás o filtro "Actúo como" onde poderás seleccionar o rol de participación co cal queres facer o filtro.

Por exemplo, se seleccionas "Representante" e premes en "Buscar" no resultado da busca soamente se mostrarán aqueles expedientes e presentacións nos que o teu NIF figure como representante.