Como podo?

Ir á sección pai

Achegar máis de 10 documentos a unha solicitude

Achegar máis de 10 documentos a unha solicitude

Pasos a seguir para achegar máis de 10 documentos a unha solicitude

1. Achegar máis de 10 documentos a unha solicitude

Se necesitas achegar máis de 10 documentos a unha solicitude podes facelo seguindo os pasos que a continuación se indican:

  • Distribúe os documentos que queres achegar en conxuntos de 10 documentos ou menos
  • Completa a presentación da solicitude achegando os 10 primeiros documentos que queres anexar
  • Repite os seguintes pasos para cada conxunto adicional de documentos que queiras achegar

2. Achega de documentación separada da solicitude

Accede ao apartado "Expedientes" da "Área Privada", selecciona o expediente da solicitude que acabas de realizar, pulsa na opción "Accións" e selecciona "Achega de documentación separada da solicitude"

3. Presentación do trámite de "Achega de documentación separada da solicitude"

Completa o formulario, pulsa en "continuar" e achega os documentos adicionais que queres presentar

4. Anexar toda a documentación restante

Repite este proceso no caso de que o límite de documentos che siga impedindo presentar toda a documentación restante