- Inicio
- Axuda
- Como podo?
-
Cubrir e asinar un formulario con Cl@ve?
- Presentar unha solicitude
- Consultar e xestionar os meus expedientes
- Consultar notificacións electrónicas
- Obter Chave365
- Verificar un documento
- Presentar unha suxestión ou queixa
- Presentar documentación de gran tamaño
- Responder a unha emenda
- Achegar documentación xustificativa
- Verificar o recibo de presentación no Rexistro electrónico
- Crear unha autorización
- Compartir un borrador con outra persoa
- Ver soamente os expedientes nos que eu son a persoa interesada ou o/a representante
- Ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura as miñas persoas autorizadas
- Achegar máis de 10 documentos a unha solicitude
- Consultar e descargar copias electrónicas auténticas de documentos achegados en papel?
- Actualizar os meus datos na Carpeta cidadá?
- Cubrir e asinar un formulario con Cl@ve?
- Recuperar a miña clave de Chave365 se a esquecín?
- Cambiar a clave de acceso a Chave365?
- Activar ou desactivar o acceso con seguridade reforzada mediante 2FA en Chave365?
Como podo?
Ir á sección pai
Cubrir e asinar un formulario con Cl@ve?
Acceso “A Miña Sede”, cubrir e asinar un formulario con Cl@ve?
Pasos a seguir para poder cubrir e asinar un formulario empregando o sistema Cl@ve onde podemos distinguir:
| Tipo de Cl@ve | Nivel de seguridade | Solicitude de alta | Acceso a "A miña sede"? | Sinatura? |
|---|---|---|---|---|
| Cl@ve Móbil | Básico | Por videoidentificación ou carta de invitación | Non | Non |
| Cl@ve Móbil | Avanzado | Por videoidentificación (unha vez validada a grabación / selfie por un empregado público autorizado), certificado dixital, DNIe ou presencialmente nunha oficina de rexistro | Si | Non |
| Cl@ve Permanente | Avanzado | Unha vez rexistrado en Cl@ve Móbil nivel avanzado | Si | Si |
Tamén se dispón de Clave eIDAS (neste caso só en probas para 2 procedementos) onde o/a usuario/a debe poñer o seu identificador co formato PE/ES/XXXXXXXXXX sendo PE o país emisor do certificado eIDAS, e ES como país que solicita a autenticación.
1. Acceso na parte privada
Ao acceder a "A miña sede" atopará, xunto ás opcións xa habituais de Chave365 e de certificado dixital, unha nova opción "Cl@ve".
Prema nela e será dirixido/a á páxina web que lle permite identificarse con Cl@ve.



2. Emisión de certificado
Unha vez que cubriu o formulario, e se esta é a primeira vez que emprega Cl@ve para asinar, deberanse realizar os seguintes pasos (aínda que se xa realizou algunha sinatura pode ir ao seguinte paso):
Ao pulsar sobre o botón de Sinatura nun formulario xa cuberto ou nunha autorización de "A miña sede" o sistema rediríxelle á aplicación FIRe, na que se lle indicará que non dispón dun certificado en Cl@ve Firma. Nesa pantalla verá que ten a opción de "Emitir certificado"



Nota importante: só se permite asinar se a identificación se realizou con Cl@ve Permanente ou con Cl@ve Móbil nivel avanzado (Cl@ve Móbil creada usando certificado dixital)
Ao pulsar sobre o botón de "Emitir certificado" será redirixido á páxina do Ministerio para realizar o proceso de emisión do novo certificado:

Unha vez que prema sobre o botón de "Solicitar certificado" o sistema vaille solicitar o contrasinal de Cl@ve permanente. Introdúzao e prema sobre o botón "Emitir"

Despois disto levaralle a unha nova páxina onde se lle solicitará marcar un check para aceptar que se verifiquen os datos coa información contida no seu DNI e pediralle tamén introducir un código que recibirá no teléfono móbil vía SMS. Introduza ese código e prema sobre "Emitir"

Unha vez realizado o paso anterior xa terá á súa disposición o certificado para a sinatura. Mostrarase a seguinte pantalla, na que deberá premer sobre "Continuar" para seguir co proceso de sinatura:

Unha vez que prema en "Continuar" volverá á pantalla de sinatura en FIRe, onde anteriormente se lle indicaba que non dispoñía dun certificado de sinatura, pero desta vez xa lle mostrará o certificado de sinatura emitido nestes pasos. Seleccióneo:

3. Asinar
Unha vez que xa dispón do certificado pode asinar o formulario seguindo estes pasos:
1. Ao seleccionar o certificado será redirixido/a á páxina do Ministerio, que lle pedirá o contrasinal de Cl@ve permanente e o código recibido vía SMS.
2. Unha vez que introduza o contrasinal e código recibido vía SMS prema sobre "Continuar". Isto devolverá a aplicación a onde se iniciou a sinatura ("A miña sede" ou "Presenta") para desde aí poder xa rematar o proceso.




