- Inicio
- Axuda
- Como podo?
-
Compartir un borrador con outra persoa
- Presentar unha solicitude
- Consultar e xestionar os meus expedientes
- Consultar notificacións electrónicas
- Obter Chave365
- Verificar un documento
- Presentar unha suxestión ou queixa
- Presentar documentación de gran tamaño
- Responder a unha emenda
- Achegar documentación xustificativa
- Verificar o recibo de presentación no Rexistro electrónico
- Crear unha autorización
- Compartir un borrador con outra persoa
- Ver soamente os expedientes nos que eu son a persoa interesada ou o/a representante
- Ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura as miñas persoas autorizadas
- Achegar máis de 10 documentos a unha solicitude
- Consultar e descargar copias electrónicas auténticas de documentos achegados en papel?
- Actualizar os meus datos na Carpeta cidadá?
- Cubrir e asinar un formulario con Cl@ve?
- Recuperar a miña clave de Chave365 se a esquecín?
- Cambiar a clave de acceso a Chave365?
- Activar ou desactivar o acceso con seguridade reforzada mediante 2FA en Chave365?
- Instalación e sinatura mediante Autofirma APP para dispositivos móbiles Android
- Achegar documentación xa presentada anteriormente?
Como podo?
Ir á sección pai
Compartir un borrador con outra persoa
Compartir un borrador con outra persoa
Na sede electrónica pode preparar unha solicitude para que outra persoa a asine e a presente no rexistro electrónico.
Esta opción está dispoñible só para algúns dos procedementos da Guía de procedementos e servizos.
1. Activación
Para poder compartir un borrador é necesario que a persoa coa que o queres compartir teña activada esta opción, que está dispoñible, dentro de "Área Privada", no menú "O meu perfil" no apartado "Preferencias".

2. Prepara o borrador que queres compartir
Busca o procedemento ou o servizo na "Guía de procedementos e servizos" e preme en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico (Se non estás dentro de "A miña sede" deberás identificarte no teu espazo persoal empregando algún dos sistemas de autenticación admitidos nesta sede).
Cubre o formulario (non é preciso que os teus datos figuren nel), anexa a documentación que corresponda e garda a información.
3. Comparte o teu borrador
Utiliza a opción "Compartir borrador" que atoparás:
- Continuando ata o paso "Firmar e presentar no rexistro", antes de finalizar a presentación electrónica

- Introduce o NIF da persoa coa que queres compartir o borrador e confirma

- Tamén podes gardar o borrador e compartilo máis adiante a través das accións dispoñibles no menú "Accións" que podes atopar no apartado de borradores accedendo a través da opción "Borradores" do menú "Expedientes"

Se a opción "Compartir borrador" ou "Compartir" non está dispoñible é porque non é posible realizala no procedemento concreto que estás preparando.
Ten en conta que a persoa coa que vas a compartir o borrador terás acceso tanto ao formulario da solicitude como á documentación adxuntada ata ese momento.
Unha vez compartido, perderás a visibilidade sobre o mesmo.
Lembra que para poder compartir o borrador é necesario que a persoa titular do NIF sinaado teña previamente activado en "O meu perfil" sección “Preferencias”, que outras persoas che poidan compartir borradores.

Do contrario, cando presiones en "Gardar" para compartirlle o borrador, mostrarase un aviso e non poderás continuar.
4. Acceso ao borrador por parte da persoa coa que o compartiches
A persoa titular do NIF que indicaches no paso anterior atopará o borrador na listaxe de borradores do menú "Expedientes" diferenciado por unha icona que indicará (poñendo o cursor enriba da icona) que se trata dun borrador que che foi compartido, coa data e o nome da persoa que o compartiu

Poderás modificar, gardar e, se así o desexa, asinar e finalizar a presentación no rexistro electrónico.
O borrador da solicitude pode ser compartido tantas veces como se desexe.