Como podo?

Ir á sección pai

Ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura as miñas persoas autorizadas

Ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura as miñas persoas autorizadas

Coñeza como ver todos os borradores que lle foron compartidos ou só aqueles que están marcados pola persoa autorizada como listos para asinar.

1. Accede a teu espazo persoal

Para acceder aos teus expedientes, presentacións e borradores o primeiro que debes facer é acceder ao teu espazo persoal premendo en Área Privada e, a continuación, identificarte empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede, Chave365 ou Cla@ve.

Poderás ver na súa bandexa de entrada os teus últimos expedientes, presentacións e borradores nos que o teu NIF figure como interesado/a ou representante e o teu rol de participación en eles.

2. Busca de borradores

No apartado "Últimos borradores" da túa bandexa de entrada, preme no botón "Ver todos os borradores" para acceder á busca avanzada do buscador de borradores e accede a través da opción borradores do apartado "Expedientes" do menú de "Área Privada".

Na busca avanzada do buscador de borradores atoparás as seguintes opcións para a súa desactivación/activación:

  • Mostrar todos os borradores que che foron compartidos: desactivando esta opción, no resultado da busca non se mostrarán os borradores que che foran compartidos por outras persoas (máis información en Como podo compartir un borrador con outra persoa?).
  • Mostrar só os borradores marcados pola persoa autorizada como listos para asinar: desactivando esta opción, no resultado da busca non se mostrarán os borradores que che foran marcados para a súa sinatura polas persoas ás que lle outorgases unha autorización para a xestión de borradores na sede electrónica (máis detalle en Como podo crear unha autorización?).