Xestión do litoral

Xestión do litoral

A Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, no seu artigo 47, establece que os usos do litoral declarados compatibles nesta lei, e polo tanto suxeitos a un título de intervención administrativa previsto nos artigos 35, 41 e 46 da mesma, non se poderán realizar sen o seu outorgamento previo por parte da Administración competente.

Os títulos de intervención administrativa que poden concorrer sobre os usos do litoral son, entre outros, os seguintes:

  1. as autorizacións e as concesións para os usos especiais e privativos do dominio público marítimo-terrestre, que se regulan polo establecido na normativa de costas ou de portos e mais polo disposto no artigo 48 da devandita lei.
  2. a autorización autonómica ou, cando proceda, a declaración responsable para os usos, as actividades e as instalacións na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, nos termos establecidos no seu artigo 49.

O 19 de maio de 2025 publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto 394/2025, do 13 de maio, de traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral, en virtude do que quedan traspasadas a esta comunidade as funcións e servizos da Administración do Estado en materia de ordenación e xestión do litoral.

En virtude do anterior, para solicitar un uso ou ocupación no litoral de Galicia (tanto no dominio público marítimo-terrestre como nas súas zonas de servidume) a partir do 1 de xullo, as persoas interesadas deberán dirixirse ao departamento correspondente da Administración autonómica, a través dos seguintes procedementos:

Máis información en:

 

 

Ocupacións ou usos no litoral de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

Realización de obras na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

Ocupacións ou usos no litoral de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

Realización de obras na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

Subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 12/09/2025 08:00 - 12/12/2025 20:00