Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT701B
Realización de obras na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
1. A execución das obras de reparación, mellora, consolidación e modernización previstas no número 2 da disposición transitoria cuarta e no artigo 13 bis da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no número 2 do artigo 4 do Decreto 97/2019, do 18 de xullo, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, requirirá da presentación previa dunha declaración responsable.
2. A declaración responsable deberá ser presentada con anterioridade á solicitude do título habilitante municipal de natureza urbanística e, en todo caso, no prazo de 1 mes antes do inicio das obras.
Actuacións suxeitas a declaración responsable
1. Nas obras e instalacións que lexitimamente ocupan a servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre con anterioridade á entrada en vigor da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e que resulten contrarias ao establecido na dita lei, poderán realizarse, logo da declaración responsable, obras de reparación, mellora, consolidación e modernización, sempre que non impliquen aumento de volume, altura nin superficie das construcións existentes, nos termos previstos na disposición transitoria cuarta da dita lei e na súa normativa de desenvolvemento.
2. O réxime sinalado no número 1 deste artigo será tamén de aplicación no suposto de obras e instalacións que, como consecuencia da modificación, por calquera causa, da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, pasen a estar emprazadas nela, de conformidade co sinalado no artigo 44.5 do Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas.
Persoas físicas ou xurídicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña
Servizo do Litoral da Coruña
Edificio Servizos Múltiples - Rúa Vicente Ferrer, 2 - 8º
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182601/ 981182252
Email: litoral.medio-ambiente.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo
Servizo do Litoral de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982889729/ 982294394
Email: litoral.medio-ambiente.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra
Servizo do Litoral de Pontevedra
Avda. María Victoria Moreno, 43, 4ª
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805654
Email: litoral.medio-ambiente.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Presentación da declaración responsable
1. A declaración responsable presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e deberá dirixirse ao ao Servizo Provincial de Urbanismo da xefatura territorial da consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo en que se sitúe a actuación.
2. A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas distintas da propia Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e entidades do sector público autonómico, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas, nos trámites realizados na súa condición de empregado público.
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa declaración responsable presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da declaración responsable aquela na que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (htps://sede.xunta.gal/chave365).
5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as declaracións responsables presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Contido da declaración responsable
1. No modelo normalizado a persoa declarante ou, de ser o caso, a persoa representante debidamente acreditada, declara:
a) Que as obras que se van executar son obras de reparación, mellora, consolidación ou modernización.
b) Que non suporán un aumento de volume, altura nin superficie das construcións existentes.
c) Que a obra supón unha mellora na eficiencia enerxética do inmoble, se é o caso, nos termos indicados na disposición transitoria cuarta da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.
d) Que os mecanismos, sistemas, instalacións e equipamentos que se empreguen supoñen aforro enerxético efectivo no consumo de auga, se é o caso.
e) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan ou que se declaran estar en posesión son certos.
2. Así mesmo, o declarante manifesta estar en posesión da seguinte documentación:
a) Documentación que acredite a propiedade ou dispoñibilidade sobre o inmoble no que se pretende actuar, mediante calquera medio de proba válido en dereito.
b) Documentación ou título habilitante para a realización das obras e/ou instalacións outorgado con anterioridade á entrada en vigor da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, de acordo co establecido na disposición transitoria cuarta desta norma.
c) Proxecto técnico das obras cando sexa exixible, de acordo co establecido na normativa vixente, ou, de non ser exixible, memoria descritiva das obras con expresión das súas características, uso previsto, orzamento detallado e, de ser o caso, planos de definición, incluíndo alzados e seccións características; no caso de obras de escasa entidade, bosquexo.
d) Certificación de eficiencia enerxética, de ser o caso.
e) Xustificación, de ser o caso, de que os mecanismos, sistemas, instalacións e equipamentos empregados supoñen aforro enerxético efectivo no consumo de auga.
COMPROBACIÓN DE DATOS
1. Para a tramitación deste procedemento consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa declarante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade declarante.
d) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de declaración responsable, e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para a realización da consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite la obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da declaración responsable
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 97/2019, do 18 de xullo, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2019).
-
Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
-
Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (DOG nº 133 do 13 de xullo de 2023).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas (BOE nº 181 do 29 de xullo de 1988).
-
Lei 53/2002, do 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social (BOE nº 313, do 31 de decembro de 2002).
-
Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas (BOE nº 129, do 30 de maio de 2013).
-
Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas (BOE nº 247, do 11 de outubro de 2014).
-
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Real Decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios (BOE nº 131, do 2 de xuño de 2021)
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, suspensión e cancelación da inscrición.
Aberto todo o ano
Modificación de datos inscritos no rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Resolución de instrumentos de planeamento urbanístico. Aprobación definitiva
Aberto todo o ano
Trámite posterior á aprobación inicial do planeamento xeral
Aberto todo o ano