Guía de procedementos e servizos

IF300A

Inscrición no rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, suspensión e cancelación da inscrición.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Sobre o procedemento

Regular a inscrición no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, a suspensión e a cancelación da dita inscrición.

Ás entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM) que exerzan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

As ECCOM son aquelas entidades dotadas de personalidade xurídica e plena capacidade de obrar que, logo de cumpriren os requisitos que se establecen na Lei 9/2013, do 19 de abril, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e dos que se determinen regulamentariamente, se constitúan coa finalidade de desenvolver actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade das obras, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal, incluíndo tanto a fase previa ao outorgamento ou á eficacia dos títulos habilitantes como, posteriormente o ámbito da execución da obra ou o funcionamento da actividade.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Área Central, s/n - Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541912

Email: sxvu.vivenda@xunta.gal

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes está aberto con carácter permanente.

As ECCOM deberán cumprir os seguintes requisitos para a súa inscrición no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Estar acreditadas como entidade de inspección tipo A conforme á norma UNE-EN ISO/IEC 17020 para as actividades de avaliación. A dita acreditación deberá obterse da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), en virtude do Real decreto 1715/2010, do 17 de decembro, polo que se designa a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) como organismo nacional de acreditación de acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 765/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de xullo de 2008, polo que se establecen os requisitos de acreditación e vixilancia do mercado relativos á comercialización dos produtos e polo que se derroga o Regulamento (CEE) nº 339/1993.

b) Ter constituído como garantía patrimonial un seguro mínimo de responsabilidade civil de 2.000.000 €, que deberá incluír a actividade da entidade e a dos seus profesionais.

Na cobertura do seguro contratado incluiranse, cando menos, todos os factores de risco asociados ás actividades que son obxecto das funcións da entidade, sen que esta contía limite en ningún caso a súa responsabilidade.

c) Dispoñer, como mínimo, do seguinte persoal:

1º Unha persoa licenciada ou graduada en Dereito, habilitada para o exercicio da profesión, con experiencia acreditada por un período mínimo de cinco anos na función de asesoramento xurídico en materia de planeamento, xestión e disciplina urbanística ou aspectos xurídico – técnicos relativos á construción, edificación e urbanización.

2º Dúas persoas arquitectas ou enxeñeiras habilitadas para o exercicio da profesión, que conten cunha experiencia profesional de cinco anos na redacción, dirección e interpretación de proxectos de obras de edificación e na  interpretación e aplicación de instrumentos de planeamento e de xestión urbanística.

No suposto de ECCOM que se inscriban na Sección I, como mínimo, un dos profesionais deberá ser arquitecta/o habilitada/o para o exercicio da profesión.

En todo caso, o persoal técnico directamente responsable das actuacións das ECCOM deberá estar en posesión da titulación oficial requirida en función do proxecto que teñen que informar ou do obxecto concreto da específica actuación de certificación, verificación, inspección e control que teñan que desenvolver en cada caso.

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes

1. No suposto de solicitudes de inscrición no rexistro, as persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación:

a) Escritura pública ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, nos cales consten as normas polas cales se regula a actividade da ECCOM, debidamente inscritos, de ser o caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

b) Documentación acreditativa da representación, de ser o caso.

c) Certificado da acreditación da entidade expedido pola ENAC.

d) Póliza do seguro mínimo de responsabilidade civil contratado na que figuren as cláusulas xerais e particulares que reflictan a cobertura e o capital asegurado, xunto co recibo de pagamento das primas correspondentes ao período do seguro en curso. 

e) Anexo II de relación de persoal mínimo da ECCOM.

f) Curriculum vitae do persoal mínimo da ECCOM, no que conste a experiencia profesional requirida.

g) Certificado de vida laboral do persoal mínimo da ECCOM, no que conste a experiencia profesional exixida polo artigo 7.2.c).

h) Certificado das entidades para as que prestou servizos o persoal mínimo da ECCOM no que conste a experiencia profesional requirida, no suposto de que non figure no certificado de vida laboral.

i) Documento no que conste o nomeamento da persoa ou persoas que asuman os cargos de dirección e xestión das ECCOM e da persoa que asuma o cargo de máxima responsabilidade técnica.

j) Xustificante do pagamento da taxa, agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede.

2. No suposto de suspensión ou cancelación da inscrición, as ECCOM deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria xustificativa da suspensión ou cancelación dos datos inscritos no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Documentación acreditativa da concorrencia dunha causa de suspensión ou cancelación da inscrición.

Tramites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta Cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña:

a) Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identidade de Estranxeiro (NIE) da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante e comunicante e, de ser o caso, da entidade representante.

c) DNI ou NIE das persoas que integran a relación de persoal mínimo das ECCOM.

d) Verificación de títulos oficiais universitarios das persoas que integran a relación de persoal mínimo das ECCOM.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario pertinente e achegar o documento.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

    • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016)

    • Decreto 60/2025, do 21 de xullo, polo que se regulan as entidades de certificación de conformidade municipal na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro (DOG nº 142 do 28 de xullo de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF300B

Modificación de datos inscritos no rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301K

Prórroga de transporte regular temporal a praias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301L

Certificación para matriculación e expedición de permiso de circulación ou cambio de titularidade.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301P

Autorización de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano