Guía de procedementos e servizos

IF300B

Modificación de datos inscritos no rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Sobre o procedemento

Regular os trámites para a modificación dos datos inscritos no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ás entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM) inscritas no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Área Central, s/n - Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541912

Email: sxvu.vivenda@xunta.gal

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación das comunicacións está aberto con carácter permanente.

As ECCOM inscritas no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia deberán comunicar á secretaría xeral da consellería competente en materia de urbanismo calquera modificación dos datos inscritos no prazo dun mes desde que aquela se produza.

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Comunicacións

As ECCOM deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:

a) Memoria xustificativa da modificación dos datos inscritos no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Documentación acreditativa da modificación dos datos inscritos no rexistro.

c) Anexo II de relación de persoal mínimo da ECCOM, no suposto de modificacións do persoal mínimo da entidade.

d) Curriculum vitae do persoal mínimo da ECCOM, no que conste a experiencia profesional requirida, no suposto de modificacións do persoal mínimo da entidade.

e) Certificado de vida laboral do persoal mínimo da ECCOM no que conste a experiencia profesional requirida, no suposto de modificacións do persoal mínimo da entidade.

f) Certificado das entidades para as que prestou servizos o persoal mínimo da ECCOM no que conste a experiencia profesional requirida que non figure no certificado de vida laboral, no suposto de modificacións do persoal mínimo da entidade.

g) Xustificante do pagamento da taxa administrativa, agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede.

Tramites administrativos posteriores á presentación das comunicacións

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta Cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña:

a) Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identidade de Estranxeiro (NIE) da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante e comunicante e, de ser o caso, da entidade representante.

c) DNI ou NIE das persoas que integran a relación de persoal mínimo das ECCOM.

d) Verificación de títulos oficiais universitarios das persoas que integran a relación de persoal mínimo das ECCOM.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario pertinente e achegar o documento.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Inscrición no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia

A secretaría xeral competente en materia de urbanismo procederá á inscrición do dato modificado no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

    • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016)

    • Decreto 60/2025, do 21 de xullo, polo que se regulan as entidades de certificación de conformidade municipal na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro (DOG nº 142 do 28 de xullo de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF300A

Inscrición no rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, suspensión e cancelación da inscrición.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301K

Prórroga de transporte regular temporal a praias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301L

Certificación para matriculación e expedición de permiso de circulación ou cambio de titularidade.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301P

Autorización de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano